O día 4 de Novembro de 2011 celebramos no noso Centro o día da Ciencia en Galego.
O evento consistiu na presentación dunha exposición “ENTRE MOLÉCULAS” enviada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), en colaboración co Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), dado que este ano 2011 tamén se celebra o Ano Internacional da Química, declarado pola ONU co lema “Química: a nosa vida, o noso futuro”.

A exposición estivo durante 15 días no hall do noso instituto, e, como trata temas que abarcan dende a historia da Química ata a actualidade, en relación co cambio climático, a saúde, ciencia de materiais, alimentación, enerxía,… pode servir de pretexto para continuar, durante o curso, afondando nalgún tema de interese particular.

Participou alumnado tanto de ESO como de Bacharelato, realizando, por grupos, diferentes preguntas que deberían contestar o resto dos compañeiros.
Loli Rodríguez, profesora de Física e Química.