- A patronal española do papel (ASPAPEL) pretende realizar coa colaboración da Xunta de Galicia e outras entidades unha fumigación masiva das plantacións de eucaliptos galegas afectadas por un insecto, o Gonipterus scutellatus.
- A fumigación vaise realizar cun insecticida chamado comercialmente Cascade, cuxo principio activo é unha substancia denominada flufenoxurón.
- Esa sustancia foi catalogada como daniña pola Unión Europea e prohibiu a súa venda a partir do 1 de agosto deste ano (2012).
- Un dos seus peores efectos é que é altamente tóxica para as larvas das abellas, como o propio fabricante recoñece na etiquetaxe do produto.
- Se se fumiga masivamente este produto nos montes galegos, existe un gran perigo de exterminio das poboacións de abellas, xa moi reducidas polo continuo uso de pesticidas, segundo apuntan os estudos científicos.
- Se morren as abellas en Galicia, aparte doutros efectos nocivos no ecosistema, non se polinizarán a maior parte das plantas das que nos alimentamos os humanos e os animais que criamos para nos alimentarmos.
- Sen polinización, non hai reprodución destas plantas, e a nosa agricultura colapsará.
Resumo segundo a «Plataforma contra as fumigacións»
Plataforma contra as fumigacións
Extracto da denuncia presentada ante a Fiscalía de Medio Ambiente





En canto a esta nefasta noticia, para quen estea dacordo, pode actuar e asina: http://actuable.es/peticiones/salvemos-abejas-galicia-salvemos-nuestro-futuro
Mágoa que non publicaran versión en galego da petición, é o maior erro.
Saúdos!
Ups!
Non entrara na ligazón da “Plataforma contra as fumigacións”. Desculpa pola repetición de info.
De todos os xeitos, que sirva de recordatorio o comentario.
Saúdos!