Nobicarelo Teatro: Comedia bífida

O 27 de Outubro o alumnado de 2º de bacharelato acudíu á representación de Comedia Bífidano Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa, actividade incluída na campaña ‘En galego, por que non?’, ideada por Editorial Galaxia e impulsada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

comedia_bifida

Comparecencia de Diña (foto Ed. Galaxia)

A obra é unha montaxe de Nobicarelo Teatro, dirixida por Tero Rodríguez e baseada no libro co mesmo título de Manuel Núñez Singala.

Á saída da reresentación  entregouse a todo o alumnado asistente un exemplar  da obra do mesmo autor, ‘En galego, por que non?’ Contra os prexuízos e as simplificacións sobre a lingua galega.

Sinopse:

Logo de caracterizar ao público, segundo vai entrando, como cadáveres, entra San Pedro e explica que están na sala de xuízos, agardando a que veñan o avogado defensor (San Xudas, patrón das causas perdidas, pero vén un Arcanxo -en realidade, un anxo en comisión de servizos-, substituto de San Antón, porque o Xefe confundiu o patrón das causas perdidas co patrón das cousas perdidas e San Antón está de baixa pois trabouno un can) e a acusación (que é Luci, en representación de Lucifer, unha muller de negro, provocadora, vulgar e sensual). Unha vez escollidos os membros do xurado entre o público, comeza o xuízo presidido por San Pedro.
Toca xulgar a deslealdade lingúística: os que non defenden o galego non merecen ser galegos. A primeira acusada en calidade de nai é Elpidia, que se fai chamar Diña: fala en castelán e quere que os seus dous fillos tamén o fagan, aínda que un verán tivo que pagarlle a pasantía a un deles que só suspendeu galego. O segundo, Eliseu, que fala sempre en galego aínda que pensa que non vale máis alá de Pedrafita, e na aldea todos empregan o galego menos o cura, polo que con el falan en castelán como poden. Logo, Lina e Lana, dúas siamesas, aínda que unha naceu na Coruña e outra en Vigo; son do Dépor e o Celta e parécelles o galego lingua de pailanes. Entra logo o empresario Pepe, acusado de deslealdade coa lingua pois aínda que di que é bilingüe e fala segundo lle pete fai un uso diglósico: coa secretaria que incompetente, que pretende como amante, en castelán, coa muller, en galego, coa directora do colexio privado, castelán, e coa profe da pasantía en galego, para despedila; pensa que xa que estamos na Unión Europea cumpría unificar todo para aforrar custes.
E cando o xuízo está visto para sentenza, entra un anxo dicindo que o xuízo non vale pois o público non está morto e en realidade son espectadores dunha (divertida) obra de teatro.

– Do programa da obra –

R_Cabanillas_Camb_200

Cambados_escudo_Fef_250

Pazo de Fefiñáns (wikimedia Commons)

Para aproveitar a viaxe, despois do teatro fumos a Cambados a saudar a don Ramón Cabanillas e a aprender moitas  cousas sobre a historia da vila do Salnés.

Segundo o blog da Editorial Galaxia a Comedia Bífida ten un gran éxito entre o alumnado de bacharelato, a quen vai dirixida a campaña. Vos diredes que tal vos pareceu, podedes escribir a vosa opinión nos comentarios.

Advertisements

Unha resposta a “Nobicarelo Teatro: Comedia bífida

  1. “Comedia Bífida”é unha obra moi entretida.Mantén constantemente a atención do espectador e interactúa con el.Os actores están fantásticos e os cambios de personaxes son totais.A escenografía e a música sorprenden pola súa calidade e o tema está tratado con intelixencia grazas a un texto punzante e irónico que fai reflexionar á vez que divirte,o cal non é moi frecuente.Hai que ir a vela… ou lela!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s