Escollamos os candidatos ao Premio Leixaprén 2010

Por primeira vez o IES Campo de San Alberto pode consultar a toda a comunidade educativa  a través do seu blog de Normalización.

Como sabedes formamos parte da coordinadora Leixaprén que cada ano premia a utilización da lingua galega de xeito normalizado en actividades profesionais, empresariais, lúdicas, publicitarias, artísticas ,etc.
Deixa no teu comentario tres candidatos aos premios Leixaprén, xa sabes, persoas,organismos,asociacións,empresas,pequenos negocios…que recordas que sempre utilizaron a lingua galega como lingua de comunicación.
Para saber máis do premio podes consultar a ligazón coa súa páxina que temos na columna da dereita do blog.
Temos de prazo ata o xoves 19 de novembro para decidir a nosa terna de candidatos. Decide con nós!!!

Advertisements

3 respostas a “Escollamos os candidatos ao Premio Leixaprén 2010

  1. Por exemplo, en Noia ocórreseme a Tasca Típica.

    Hai unha cadea de tendas que está moi comprometida coa defensa do galego, ademais de ser moi innovador: Aquí é.

  2. Ben,pois tomo nota,aínda que non estou segura de se a Tasca Típica ten a carta en galego e a iniciativa “Aquí é”paréceme xenial pero tal leve aínda moi pouquiño tempo en marcha.

    De todos xeitos eu vounos propoñer.

    Graciñas

    • “Aquí é” ten todo escrito en galego, e penso que moi correcto ademais.

      En canto á Tasca Típica, penso que o menú está en galego e o persoal acostuma falar en galego sempre. Probablemente haxa moitos locais que fagan o mesmo, mais éste é o que lembro agora en Noia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s