A Música como Profesión

Este curso o alumnado da materia de música de 1º de bach C comezaron o curso estudando as diferentes profesións relacionadas coa música (compositor/a, intérprete, cantante, profesor/a, discjockey, técnico/a de son, artesán de instrumentos musicais, editor/a de partituras…).

Asimesmo, fixéronse varias entrevistas a profesionais adicados á música. Ahí vos van algunhas delas!:

1.- Entrevista ó Director da Banda de Música da Serra de Outes.

Comezou na música con tan só 14 anos, na Escola de Música da Serra de Outes, con Prudencio Romo (un dos compoñentes do grupo “Los Tamara”). Despois dun período na Serra, deciciu aspirar a máis e matriculouse no Conservatorio de A Coruña, onde máis tarde acadaría o título de Profesor de Trombón de baras e a Licenciatura de Harmonía, Contrapunto, Fuga e Composición. Mentres estudaba na Coruña tamén dou clases particulares na mesma cidade e traballou en distintas formacións, orquestras e bigbands.

Enorgullécese de tocar tres instrumento: trombón, piano e gaita.

O noso entrevistado pensa que a música serve para expresarse, ademáis de ser o modo de vida de moitas persoas. El mesmo se adica a transmitir os seus coñecementos a través do seu oficio, director da banda de música da Serra de Outes.

Adícalle de media ao seu traballo unhas 5 horas diarias. Tamén menciona entre risas que lle encanta o seu traballo, pero de non ter progresado na música, tivéralle gustado ser piloto de avión.

2.- Entrevista ó Profesor de Música do Colexio de Lousame.

Esta entrevista fixémoslla ó que foi ó noso profesor de música na Eso, no colexio de A Silva, en Lousame.

Empezou a cantar con tan só 4 anos. Cando tiña 10 anos empezou a tocar instrumentos, e tamén empezou no Conservatorio.

Toca instrumentos de música antiga e é experto tocando a frauta e a frauta traveseira.

Seu pai é profesor de música, pero el non estudiou música pensando en ser profesor, senón enser cantante.

Fixo a carreira por medio do Conservatorio Superior , en total 14 anos.

Gaña o suficiente para vivir ben traballando de profesor, pero ademáis canta en varios coros e grupos. Canta música contemporánea, música para nenos, música barroca e tamén cantou nalgún que outro concerto de rock. Actuou no estranxeiro (Francia, Estados Unidos, Praga, Sudamérica, etc.) en máis de 2 ducias de óperas. Ademáis fai papeis de personaxes cristiáns na Catedral de santiago, onde tamén, ás veces, canta no coro.

É aunha persoa coa que un se sente a gusto aprendendo, e coa que se aprende de todo.

A súa muller tamén se adica á música.

A súa última función polo momento foi un concerto que tivo lugar en Santiago  o día 4 de novembro.

3.- Entrevista ó guitarrista do grupo Operación Nécora.

– Como empezou na Música?

– Empezoume a gustar cando era pequeno e a escoitaba co meu pai.

– Que tipo de música lle gusta?

– A música rock é a que máis me gusta, pero tamén escoito heavy metal e flamenco.

– Que grupos lle gustan?

– Gústame AC/CD, Pink Floyd, The Rollings Stones e Queen.

– Que instrumentos sabe tocar?

– Sei tocar a guitarra eléctrica, a guitarra española, a batería, o piano e o caixón flamenco.

Cando empezou a estudar música?

– Empecei nunha escola de música, despois fun ó conservatorio e agora estou facendo maxisterio.

– Como se formou o grupo?

– Un día ocorréusenos e probamos a ver como sonaba; gustounos e empezamos a tocar en bares e festas. Tocamos unha vez na televisión e hai dous anos sacamos un disco.

4.-Entrevista a un Profesor de Música.

– Por que te quixestes adicar a este traballo relacionado coa música?

– Porque sempre me gustou ser profesor; mirei as opcións que tiña e vin que me identificaba máis co de música.

-Gústache a música dende pequeno?

– Sí, dende pequeno meus pais tocaban instrumentos que facían con materiais naturais e crecín coa música.

-Tocas algún instrumento?

– Toco a guitarra eléctrica dende fai pouco e o piano dende que era adolescente.

– Por que che gusta ensinar?

– Pois non sei, supoño que é porque me gusta que os meus alumnos sepan todo o que sei eu.

– No teu tempo libre, fas algo relacionado coa música?

– Toco nun grupo con compañeiros da universidade, e na casa gústame ensaiar co piano.

– Que tal che foi a carreira de maxisterio musical?

– Moi ben, aínda que estiven un ano máis do que esperaba, porque non estudiei moito o primeiro curso.

– Gústaríache tocar máis instrumentos?

– Sí, sempre quixen aprender a tocar o violín, pero non tiven oportunidade.

– Con que tipo de música te identificas máis?

– Coa música rock, coa clásica, aínda que non se parezan en nada, teño o oído aberto para todo tipo de música.

– Que grupos de música escoitas?

– Pois escoito grupos galegos de folk, música clásica, AC/DC…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s