«Silencio», por Luna.

SILENCIO

Silencio. Coma o silencio antes do amencer. A quietude, o suspense, cando algo malo vai pasar; o momento antes de abrir os ollos ó despertar. Coma o silencio antes da tormenta. O momento de descubrir ¿algo cambiou durante a noite? ¿sigo eiquí? A enfermidade percorría o meu corpo. A enfermidade percorría a miña mente. As voces escoitábanse de fondo. Lixeira melodía incomprensíbel ós meus oídos embotados. E incapacidade de poder falar. Sentirme vivo, esperto, pero á vez terriblemente morto e só.

Sentín un corte no abdome. Sen dor, sen sangue, ou ó menos non a notei. Pregunteime que estaba a pasar. Non podía moverme. Non podía facer nada. As voces seguían discutindo. Producíanme unha terrible dor de cabeza.

“Con coidado. Se non fas o implante ben, o especime morrerá. Coidado cos cortocircuítos, introduce ben o mecanismo”

Asusteime. Empecei recordar todas esas estupideces de historias sobre abduccións extraterrestres e cousas aínda máis extrañas. Creo que quedei a durmir. Ou que me fixeron quedar a durmir. Agora xa non era dono do meu corpo, e probablemente tampouco da miña mente. Ó despertar, non notei nada. Nin medo. Nin frío. Nin enfermidade. Sentíame… Non hai palabras. Non me sentía. Probei a erguerme, e só co desexo o conseguín. Pero mirar ás miñas pernas foi un error. Nunca o olvidarei. Todo era metalizado, un toque plateado as miñas “novas” extremidades. Extendín as mans diante miña. Prateado. Metal. Toquei as meixelas. Pero non podía sentilas. Xa non tiña pel nos dedos, tampouco na cara. ¿En qué me convertera? Nun robot. Nunha máquina humana. Unha abominación.

“Z3Q-05 despertou correctamente. Mándao ó patio de entrenamento. Observa se algunha conduta humana se reprodúce no seu sistema. Nese caso, aplique o código B-540. Queda ó seu cargo”.

Esa voz nasal que escoitara durante a operación.. ¿Era a mesma? … ¿Patio de entrenamento? ¿Conduta humana? ¿Que significaba todo iso? Un home achegouse onda min e pediume que o seguira. Obedecín sen pensar. Despois de camiñar durante un bo anaco polo interior dun modernísimo edificio, cheguei ó patio de entrenamento. Miles de máquinas semi-humanas entrenábanse simultaneamente con armas de fogo, facendo exercicios físicos e formando batallóns. Empecei a compreder a grandiosidade da idea. A mente científica que ideara esto era brillante. Terrorífica. Pero brillante. Nunha guerra onde os combatentes non teñen vida para morrer … A loita continúa ata que o máis avanzado tecnolóxicamente derrota ó outro bando. Unha sensación de superioridade apoderouse da miña mente. Asignáronme un batallón. Dinme de conta de que as ordes non chegaban ós meus oídos, apenas existentes, senón que chegaban á miña mente, directas e ineludibles.

Entrenamos durante semás. Cheguei a pensar que só era un xogo. Que na realidade só comprobaban a nosa eficiencia. Pero tamén observei que aqueles que tiñan algunha conduta humana, levábanos a outra parte e non volvían aparecer. Pero o día chegou. Enviaronnos a un destino. Terra, mar e aire. Atravesando bosques e desertos. Non necesitabamos descansar. Éramos invencíbeis. Cando chegamos, os batallóns humanos estaban facendo gardas ó redor do campamento. Unha orde chegou: “Matade”. Recordei entón que na miña “outra vida” nunca tomara unha pistola. Pero que agora, miles de persoas caían baixo o lume e o láser das miñas armas ultramodernas. Recordei que o que estaba a facer tiña que ser para min moi desagradable. Pero non o era. Horroriceime. Mais non cesei a matanza. Foi entón cando dende unha das tendas de campaña saíu correndo unha muller. Entre lume, sangue e dor correu sen descanso para alonxarse do campo de batalla. Vin o seu rostro. Sufrimento, dor, pena, morte. Compadecinme. Pero a miña man sacou o láser da súa funda. Apuntou á súa cabeza, que xirou rapidamente percibindo que estaba en perigo. Non o puiden evitar. Caeu morta ó instante. Unha dor comezoume a abrasar por dentro. Empeceime a dar de conta do que fixera. A perdida racionalidade volveu á miña mente robótica. Os sentimentos afloraron no meu metálico corazón. E unha lágrima de lume polas miñas fazulas esvarou. Perdido no meu corpo, no meu mundo, na miña realidade. E a oscuridade o cubríu todo. Silencio. Como o silencio antes do amencer. O silencio despois da tormenta. Silencio.

>

Luna (3º ESO)

Unha resposta a “«Silencio», por Luna.

  1. Olaaa!!!
    k tall?? Lin o teu relato!!! Esta xeniaal!! e bonitisimo..escribes moi ben..ainda k kreo k xa xo dixera cando me ensinaras os outros relatos. bks
    tq

Deixar un comentario