«O Poder da Tecnoloxía», por Burby

O PODER DA TECNOLOXÍA

Volvín despertar. A luz das primeiras raioliñas do sol reflectíase contra a fiestra, tinguindo dunha tibia e cálida cor cada rincón do cuarto. O sonoro tic-tac do reloxo situado encima miña acentuaba aceleradamente o ritmo do meu corazón . De repente, unha suor fría empapou todo o meu corpo. Estaba tremendo, un nó aferrábase fortemente nas miñas entrañas. O meu pensamento soamente podía darlle voltas ó que me esperaba en menos de dúas espantosas horas.

Repetín cara min mesmo unhas únicas palabras para lograr a calma: “Só é unha operación”, pero a miña mente paranoica gañáballe a calquera absurdo intento de autoconvecemento. Torpemente, intentei incorporarme daquela cama, cando de súpeto, alguén bateu bruscamente na porta, facéndome dar un bo respingo cara atrás.

Unha muller xove, regordecha, vestida dun pulcro branco dos pés á cabeza, irrumpiu decididamente no cuarto, e cunha voz doce e clara, preguntoume que tal pasara a noite. A miña mirada perdeuse nos seus ollos, e da miña boca soamente puido escapar un seco e mentireiro ” ben”. A moza ó escoitar a miña resposta, esbozou un tranquilizador sorriso e aseguroume que todo ía saír moito mellor do que pensaba …

Xa era o momento, as luces fluorescentes do corredor cegábanme, escoitaba ós enfermeiros empurrando con rapidez da padiola e falando ó mesmo tempo entre eles.

Chegamos ó temido quirófano. Ese olor particular dos hospitais que ante min se extendía comezaba a producirme repentinas arcadas. Os doutores que me ían realiza a operación parecían verdadeiros expertos, isto tranquilizoume algo. Sacáronme da fría padiola, preparáronme, e o que semellaba o médico máis vello de todo o equipo comezou a preguntarme por temas persoais que non viñan ó conto. Mentras, un silencioso enfermeiro acercábase a min cunha afiada xiringa.

Era un dos primeiros pacientes ó que se sometía a unha operación de características tan novidosas, de aí o meu espantoso medo. As técnicas de toda a vida xa empezaban a desaparecer paseniñamente. A utilización de nano-robots neste tipo de intervencións era o comezo dun novo presente .

Sempre me acostumei ó pesimismo, a que todo o que xira ao meu redor, todo o que me acontece … saia mal ou ó revés. Por iso, cando abrín os ollos parpadeando, e volvín ver e escoitar aquel reloxo grande coma un demonio, situado encima da cabaceira da cama, un sentimento de alivio, e ao mesmo tempo extrañeza, percorreume de arriba abaixo. Cando xirei a cabeza cara á fiestra, puiden recoñecer unha cara familiar: a enfermeira regordecha acercouse a min alegremente, e case susurrando, díxome que xa podía estar tranquilo, que a operación fora un éxito.

Non mo podía crer, todo saíra estupendamente? Agora soamente tería que descansar e xa podería marchar para a casa como viñera.

Durante a tarde intentei durmir un pouco, pero se pola noite non o dera feito por mor do nerviosismo e o medo, agora a emoción e a ledicia enchían o meu corazón quitandome do meu ser calquera sinal de sono.

Como non se me ocorría que facer mentras permanecía recuperándome da intervención, decidín acender o televisor para poder despistarme e entreterme. Co único contacto do meu dado e o mando da TV, algo moi raro aconteceu. Unha extensa e dolorosa cambra percorreu todo o meu interior. De repente, sentinme moi pesado, coma se os meus ósos foran de chumbo. Rapidamente pensei, ou máis ben, intentei pensar, que este suceso se debía á debilidade que traía ás costas pola operación, ata que outro espetacular acontecemento me borrou esa idea nun segundo; xa non era dono do meu corpo: algo me manexaba por dentro, todos os meus movementos e actos, incluso certos pensamentos non eran propios da miña persoa, algo os causaba por min, pero que???

Erguinme da cama sen querelo, marchei correndo polo corredor ata encontrarme de frente cuns enfermeiros, que intentaron determe, pero a miña forza superábaos facilmente. Golpeeinos sen ter intención niso, e volvín correr cada vez máis rápido coma se fora unha gacela en fuxida dun león. Estaba fóra de control, pero de repente uns recordos viñeron á miña cabeza parándome en seco: a película de ciencia ficción que vira antes de ingresar no hospital. Nela, un home era posuído por uns mini-robots que se extendían polo seu corpo a velocidade extrema, tomando o poder do mesmo.

… Neses instantes, o meu rostro tornou frío e branco coma o xeo. E se os nanorobots utilizados na miña operación se estaban apoderando do meu corpo? Tiña que ser iso, que outra explicación había?

Sentinme impotente, atemorizado e paralizado. Rezaba para que aquel pesadelo chegase a súa fin dalgunha forma. As pernas comezaron a fallarme, non era capaz de soster o meu propio peso, e terminei por derrubarme naquel mesmo sitio, onde aquelas lembranzas ocuparan os meus pensamentos durante un bo tempo.

Unha tropa de enfermeiros aproveitaron a oportunidade da miña repentina caída para abalanzarse sobre min, e suministrarme un doloroso pinchazo que me fixo sentir canso. Pouco a pouco os meu párpados cerráronse, perdín a noción de todo, da realidade mesma, soamente podía percibir ecos lonxanos dos meus capturadores …

Volvín despertar. A luz das primeiras raioliñas do sol reflectíase contra a fiestra, tinguindo dunha tibia e cálida cor cada rincón do cuarto onde me encontraba despois de ingresar. Unha persistente suor fría empapaba o meu corpo, estaba tremendo, dentro de dúas espantosas horas estaría no temido quirófano.

>

Burby (2º bacharelato)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s