«A fin da fin», por Kika

A FIN DA FIN

Estaba case seguro de que se trataba dun simple soño nun noventa e nove por cento, tiña que selo!

Pero por desgraza non, non o era.

Atopabamonos en plena 3ª Guerra Mundial, ano 2052. O planeta que tan só facía unhas décadas fora o lugar ideal e perfecto para a vida dos seres humanos convertírase nun caos infinito, un auténtico pesadelo sen fin, inimaxinable para calquera dos meus antergos. E o peor de todo e que non existían sinais de que iso fose cambiar en breve.

As continuas reunións entre as grandes potencias mundiais pola loita contra as emisións de CO2 á atmosfera convertíranse nun terrible enfrontamento, e todo pola incapacidade de chegar a un acordo común.

As xuntanzas polo Protocolo de Kyoto do que tanto me falara miña avoa xa eran historia, e agora isto só semellaba unha película de ciencia ficción das que a ela tamén tanto lle gustaran.

A programación televisiva reducíase a telexornais e máis telexornais interminábeis, sempre falando do mesmo: mortes, asasinatos, destrución, enfermidades, epidemias, contaminación, e agora, a novedade, máquinas e clons.

Os grandes, os poderosos, os xogadores desta partida de xadrez, investigaran clandestinamente e tiñan preparado o que dicían que sería “O Golpe Final”, a fin da guerra.

Cada persoa que falecía sería substituída por un clon de si mesmo máis perfecto e eficaz, máis áxil, moito máis forte e resistente, ou mesmo por unha complexa máquina, aínda que de aspecto humano, inmortal.

Confiaban en que este cambio daría a victoria ao segundo bloque, no que nos atopabamos: Europa e parte de África. No primeiro estaban as potencias americanas, e no terceiro, claramente, asiáticos e australianos.

Meus pais xa morreran. Miña nai enfermara dun brote de Gripe A, o cal a afectara máis da conta debido a que xa padecía cancro de pel, como o sesenta e cinco por cento da poboación. E é que a capa de ozono cada día era máis e máis vulnerable.

Meu pai fora asasinado nun asalto sorpresa ás tropas inimigas en Washington. Pronto os dous volverían estar entre a humanidade en forma de máquinas ou clons. Destestaba esa idea, e sentíame impotente de non poder facer nada ante tal barbaridade e inxustiza.

E por riba estaba só … Aos meus 19 anos atopábame a piques de embarcar ca tripulación previamente escollida nun novo submarino de guerra exclusivamente deseñado para a ocasión, do cal non sairía vivo nin de casualidade, precisaba un milagre.

Sentíame mal comigo mesmo, e miña avoa Sara comprenderíame porque sabía mellor ca ninguén que non era capaz de soportar violencia, guerras nin loitas, mortes inxustas, nin tan sequera capaz de ver sangue! E agora situábame alí, a pouco de ser partícipe dun gran desastre e de quen sabe cantas mortes.

Non! Non podía ser certo! Non podía ser eu! Era alguén incapaz de facer algo semellante!

E é verdade … Non son eu, ou polo menos non na miña esencia. Xa non son máis ca unha copia de min mesmo. Un clon, o que siempre ODIEI. Son a substitución do álfil esnaquizado, o maniquí ás ordes dos que comezaron esta partida fai xa 12 anos …

Estou morto si, despois de que me tirotearan cando me dispoñía a levar á miña nai a un médico, a xunta alguén capaz de axudala, alguén que evitara quedarme orfo neste pesadelo no que todo se soluciona con armas, cobrando vidas de xente inocente en vez de dialongando e usando a ciencia para o ben e con bases morais …

Dende a desaparición de mamá e mais a miña como seres racionais, xa van dez anos e agora, o meu presente, o presente da humanidade, é a fin …

A fin dos nosos días, a fin da perfección na perfecta esfera bañada en luz e auga que tivemos a sorte de recibir e nunca xamáis fomos capaces de coidar e valorar suficientemente, a fin da vida e de toda a existencia, a fin do mundo … … E si, todo por culpa dos seres humanos … … …

>

Kika (2º bacharelato)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s