Andrómenas da Consellería de Educación

Publicadas en Xunta de Galicia > Portal Educativo > Novas

A Consellería de Educación recórdalle a todos os pais e nais que teñen dereito a mandar os seus fillos a clase

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recórdalles a todos os pais e nais de estudantes de ensino non universitario que teñen todo o dereito a enviar mañá os seus fillos e fillas aos centros escolares. Desde a Xunta recórdase que tanto o transporte escolar como o servizo de comedor funcionarán con total normalidade e que todos os centros terán uns servizos mínimos establecidos que traballarán a prol de garantir a maior normalidade posible.

Por outra banda, desde a Consellería de Educación recórdase que a folga non se organiza en favor de ningunha reivindicación salarial ou profesional, senón como un acto partidista en programado contra as bases do decreto do plurilingüísmo, mesmo antes de que estas se coñeceran, e a pesar de que están sometidas ás valoracións que se fagan desde a comunidade educativa.

Neste sentido, e aínda respectando o lexítimo dereito de folga, o director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, manifestou hoxe que “os convocantes non buscan unha mellora para o profesorado nin para o alumnado, o que converte a folga nun acto partidista“. Pola súa banda, o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad, sinalou, en relación co escenario de folga, que “nos atopamos, por un lado, cun pequeno grupo que segue enrocado lonxe do diálogo, e que segue interesado en tensionar o clima e, por outro lado, atopamos todo un grupo de institucións e sindicatos que neste momento están confirmando que non secundan a folga, e están tendendo unha man, que é o que nós estamos intentando tamén”.

O responsable de Educación, que deste xeito amosaba o seu recoñecemento “ás partes que veñen cunha actitude totalmente negociadora, que poñen enriba da mesa as súas suxestións, cun total respecto”, asegurou que catro sindicatos e outras tantas asociacións e federacións de pais lle expresaron o seu desacordo coa convocatoria de folga.

Por último, o director xeral, José M. Pinal, engadiu que “esta folga prexudica os pais e as nais, os estudantes que deberían continuar cos seus estudos e os profesores que, en moitos casos, están presionados para secundar un acto de protesta como o de mañá, cando ese non é o seu desexo“.

A outra:

Menos da metade do profesorado da ensinanza pública galega secundou a folga

Menos da metade do profesorado secundou unha folga na que están convocados todo o persoal docente de ensinanza non universitaria dos centros públicos galegos. Os datos definitivos sitúan o seguimento na comunidade no 44,7%, segundo os datos facilitados á Consellería de Educación polas súas xefaturas provinciais. Este dato confirma que a maioría dos profesores acudiron con normalidade a clase neste día de folga preventiva.

A totalidade dos centros educativos abriron as súas portas e impartiron maioritariamente as clases como nun día normal. Onde a folga foi seguida, os escolares foron igualmente atendidos polos servizos mínimos establecidos en cada centro. O transporte e os comedores escolares tamén funcionaron con total normalidade.

Por provincias, en Ourense o 47% do profesorado seguiu o paro; en A Coruña secundaron á folga o 46%; en Pontevedra un 51% foi á folga; e, en Lugo participaron o 35%.

Finalidade partidista
A Consellería de Educación, como non pode ser menos, respecta a decisión dos folguistas pero entende que a mesma é unha simple consecuencia da falla de argumentos dos convocantes, algo que entenderon a maioría dos profesores, que decidiron non secundar o paro. Un paro, co que, en opinión desta consellería, vulneráronse os dereitos dos escolares só cunha finalidade partidista.

En declaracións do Director Xeral de Centros e Recursos Humanos,José Manuel Pinal, “a folga convocouse contra a maioría social de Galicia, contra os que apostan polo plurilingüismo cordial, e incluso contra os que avogan por outro modelo, pero queren discutilo serenamente”.

Manifestación contra o diálogo
Tras reiterar quea Xunta considera preventivas tanto a convocatoria de folga como a da manifestación, que foron anunciadas antes mesmo de coñecerse o texto das bases para o borrador de decreto, Pinal acusou á ¿Queremos Galego¿ de non querer dialogar: “Foi ¿dixo- un dos grupos convidados a reunirse para falar sobre as bases do decreto pero rexeitou a invitación ¿foron os únicos que se negaron-, cousa que xa fixeron no mes de outubro”.

Logo de lamentar que os convocantes da manifestación foran mesmo en contra da idea de diálogo e entendemento que propugnabaa Real Academia Galega no seu documento, o director xeral concluíu dicindo que, ao seu modo de ver, “o monolingüismo e a inmersión son consecuencia de ver a Galicia como un país pechado, separado, á defensiva e con medo á modernidade. En cambio, o plurilingüismo parte dunha concepción de Galicia como un país integrado en España, en Europa e no mundo de hoxe. Estamos pois, diante de dúas modelos ben distintas: O plurilingüismo fronte ao monolingüismo. O modelo galego fronte a modelos importados. A liberdade fronte a imposición. O diálogo fronte a folga”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s