1º PREMIO CONCURSO LETRAS DE RAP (2º Bac)

****O meu EMBLEMA****

Este é o meu emblema, si, o meu propio emblema.
Unha noite fíxenme loitador, loitador da vida e o amor.
Aprendendo en cada caída, cada ferida, cada día, vía,
perder aos demais a súa dignidade, integridade.
Facilidade en tratar temas, de guerras, pelexas…FIGHT!!
Vitorias acumuladas na miña curta traxectoria.
A derrota non está no meu vocabulario,
no meu dicionario vanse borrando sinónimos, antónimos,
palabras raras que me causan graza.
Cada día vexo a miseria, a fame, a morte na noite de bebedeira.
Sinto medo, ganas de seguir adiante,
colleitando vitorias a cada instante.
Este é o meu emblema, si, o meu propio emblema.
A mentira é a miña lección, e a verdade unha maldición.
Para min a derrota sería caer nun abismo,
cheo de tormentos e enganos e perdición.
Sería máis feliz convivindo ao teu lado,
pero non quero pór en perigo ao que máis amo.
Estar contigo sería como unha luz na miña escuridade,
sen abismo, sen alcol, sen drogas, nin nada que me invade.
Este é o meu emblema, si, o meu propio emblema.
Camiñado, soñando, espertando,
dáste conta do que está pasando.
Móveste, reaccionas, páraste, pensas,
o soño é máis profundo do que crías.
E sen solución no esquecemento te precipitas.
Este é o meu emblema, si, o meu propio emblema.
Buscar, non atopar, miradas perdidas.
Escuridade, dor, sangue, mentes frías.
Caer, levantarse, volver perder.
Descoñecer a saída e non perder a fe.
Este é o meu emblema, si, o meu propio emblema.
Sufrir, feridas, chagas, luces que se apagan.
Vidas pasadas, futuros que se escapan.
Vaste deixar ir sen facer nada?!
Yeah, seh!Este é o meu emblema, si, o meu propio emblema

Advertisements

2 respostas a “1º PREMIO CONCURSO LETRAS DE RAP (2º Bac)

  1. Sapoconcho Galego

    seguramente lhe-le poderemos atopár moitos erros,dende as nosas opticas,dos que xa temos mais de cuarenta (quen os pilhara)pero lembra-me o que nos mesmos facíamos na época dos cantautores,votár fora o demo que nos roía,esta posiblemente é a nova poetica,dura sinxela ,directa é sin concesións.O tempore o mores.

  2. Erros? Quen cometeu erros?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s