1º PREMIO DO CONCURSO DE CONTOS DE AMOR (4º ESO)

O MEU PRIMEIRO AMOR

Ola chámome María e vouvos contar a historia do meu primeiro amor.

Eu vivía no centro de Londres, tódalas tardes ao saír do colexio recorriamos tódolos recunchos da cidade. Só faltaban dúas semanas para o meu aniversario e claro,a miña festa tiña que ser recordada como a mellor de todas. Inda que cómpre dicir que o que aconteceu ese día non foi o esperado.

Cando estabamos a piques de abrir os agasallos meus pais entraron na sala coma uns tolos. Tiñan dúas cartas na man; unha dicía que a meu pai o ascendían coa condición de que se mudase a París e a outra era dunha beca que nos mandaran facer no colexio, podía pasar o que quedaba de curso nun colexio de Francia sen ningún problema nin gasto.

Todo o mundo nos felicitou pero no meu interior estaba desfeita. Durante os días seguintes mantiven a compostura como puiden, escondíame pola casa para chorar e logo mostraba unha gran felicidade á hora de estar cos meus pais e amigos.

Cando chegou o momento de montar o avión as pernas non respondían ao que o meu cerebro lle dicía; e cando pensaba en como escaparme do aeroporto ou como dicirlle a meus pais que non me quería ir, unhas bágoas asomaban polos meus ollos e unha voz no meu interior dicía que seguise adiante.

Ás poucas horas xa estabamos na nova casa. Non sei por que pero ao pouco rato de estar alí xa non notaba os sentimentos de culpa e de rabia que horas antes sentía.

A iso das nove da noite chamaron ao timbre, eran os novos veciños que viñan a presentarse. Como os veciños eran un matrimonio da idade dos meus pais decidín deixalos sós para que se coñecesen.

O domingo pola mañá meu pai levoume a unhas pista de baloncesto. Alí estaban os veciños sentados nunha grada; o partido xa comezara había unanaco e eu preguntábame por que os veciños irían a ver o partido se non tiñanfillos. A miña pregunta foi contestada rapidamente xa que cando saíu o capitáncomezaron a animar e polo que vin non eran os únicos: un grupiño de rapazas volvéranse tolas nada máis velo saír do banquilño.

O partido pasouse voando. Cando todos os xogadores xa saían cambiados, o meu pai presentoumo: chamábase Roi.

Invitou a un xeado no parque porque ao seu parecer comezar nun novo colexio e non coñecer a ninguén era algo moi deprimente. Pasamos toda a tarde no parque falando de como era a miña vida en Londres e de como se vive en Francia. Practicamente vívese igual só que non estaba ben visto que os rapaces de 15 anos saísen os sábados pola noite.

Ás nove e media Roi acompañoume a sacar o meu can Cheap, e tamén seguimos falando pero esta vez dos amigos. Eu confesáralle que no meu grupo eramos un numero igual de rapaces e rapazas e que sempre nolo contabamos todo.

Polo que el me dixo no seu colexio os rapaces e as rapazas andaban cada un polo seu lado. Cando mo dilxo sentinme moi mal dado que só o coñecía a el. Aquela noite falei coas miñas amigas e elas dixéronme que eu sentía algo máis que amizade por Roi e que non era moi normal que falase tanto e tan ben dun rapaz. Esa idea estivo moi presente nos seguintes días.

Os meus primeiros meses no novo colexio fóronme xenial, axiña fixen novas amigas e inda que non me esquecía das de Londres, cada vez choraba menos e sentía que mudarme non fóra un erro. Ademais as cousas con Roi ían moi ben.

O día do campionato de baloncesto pedírame saír e eu, coma se dunha nena pequena se tratara, aceptara sen pensalo min un momento.

Pódese dicir que a partir de aí todo foi fermoso e alegre pero non. Despois de levar un mes saíndo, a meu pai chamárano da oficina dicindo que se quería podía volver a Londres cando el quixera. E claro, meu pai comezou os trámites de cambio de escola. Cando souben a noticia o corazón partíaseme en dous; por un lado non quería marchar e poñíame triste, polo outro poñíame feliz xa que ía volver recuperar a miña outra vida.

E por se as cousas non ían mal así, un dia Roi díxome algo… o que me dixo aínda me doe a día de hoxe. Contoume que había tres meses atopáranlle un tumor no cerebro e que non llo podían operar. Naquel mesmo instante démonos unha aperta e boteime a chorar. Pasamos un bo anaco se falar ata que decidín preguntar o máis obvio: canto lle quedaba. El sorriume como só el sabía e díxome que un mes e medio.

Conteillo a meu pai e pedinlle que por favor me deixara quedar ata que el morrese, me pai aceptou pero dixo que Roi prefería vir connosco para Londres. Non me opuxen a que viñera, ao contrario, dentro do que cabía era unha boa proposta. Aos tres días viaxamos cara Londres.

O mes e medio pasou voando e cada segundo que pasaba queriámonos moito máis. Gran parte do tempo pasábao no hospital debido a que estaba moi débil. Só houbo un día que se sentiu coas forzas suficientes como para saír comigo a dar unha volta. Ao ver o río e as barcas que se ben nas películas, pediume que montaramos e, aínda que eu me negara el conseguírame convencer.

Cando estabamos no medio de río sentiuse moi fatigado, comezoulle a faltar a respiración e entre suspiros púidose despedir. O que aínda ninguén sabe explicar é como caeu á auga. O seu corpo perdeuse no fondo daquel río para sempre.

Hoxe fai un ano que morreu. Aínda non o puiden esquecer xa que aínda que el fora o meu primeiro amor, tamén fora un amigo cando eu estaba soa en Francia, por iso me custa tanto esquecelo e prefiro vivir no recordo aínda que sempre, antes de durmir, fágome a mesma pregunta:

algunha vez volverei amar?

FIN

Descargar en formato PDF

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s