CONTACONTOS CON CELSO SANMARTÍN

Celso Sanmartín é un contacontos da tradición oral galega que se achegou ao noso centro para amenizar as clases de Galego grazas á Asociación Socio-Pedagóxica Galega, que organiza o concurso de narración oral “Tíralle da lingua” no que o noso centro participará o vindeiro 28 de Abril en Santiago de Compostela.

O contacontos fixo a delicia do alumnado a quen sorprendeu dende o primeiro momento, e sabemos que el tamén se atopou moi a gusto durante o tempo que estivo no IES Campo de San Alberto.

Celso naceu en Lalín en 1969 e é licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago e esta é a súa obra:
– Divagacións iú (edición de autor, 1991).
– O tigre das cenorias (edición de autor, 1994).
– Sen Título (edición de autor, 1995).
– Propiamente son captivo (Letras de Cal, 1997).
– Fucsia, talladas, estampados, boca (Imprenta Librería Alvarellos, 2001).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s