Hoxe: TALLER DE REGUEIFAS

Hoxe  aprendimos no centro a facer regueifas da man de Luís ” O Caruncho”, que esta vez veu sen o seu compañeiro Pinto de Herbón,  pero que trouxo un colaborador, Josiño da Teixeira, que conta que empezou a regueifar dende que tropezou con el.

Luís é gaiteiro, zanfonista, cantante…ten unha capacidade de improvisación que lle permite sempre saír airoso destas desputas en verso que son as regueifas, aínda que Josiño hoxe non llo puxo nada fácil.

Durante o taller e despois de facer un percorrido por todos os lugares de europa e do mundo onde tamén existe esta tradición, os regueifeiros puxéronnos a todos a rimar… e aínda vos saíu algunha copla ben xeitosa.

Ademais, sempre é un pracer escoitar a zanfona.

Este é un exemplo das Regueifas que se elaboraron colectivamente no taller:

Non dá vido o bo tempo
para levanta-lo saio
xa o di o refraneiro
non o quites ata maio.

Non o quites ata maio
que che vai entrar o frío
este é un bo consello
mira ben o que che digo.

Mira ben o que che digo
faime caso dunha vez
que ao pasar polo río
ímolo pasar moi ben.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s