“IMAXÍNATE”, a proposta de Jorge García-Valenciano

A Jorge sempre o vemos no Instituto sacando notas do ordenador ou metendo datos ou… pero hoxe subiu á aula de audiovisuais para ensinarnos algo: a imaxinar.

As súas fotografías sorprenderon aos rapaces porque reproducían lugares coñecidos por eles, pero que non os parecían. Axiña comprenderon que se trata de ver a realidade cunha mirada nova, distinta, de recreala.

E con esa premisa Jorge mostrounos as súas suxerentes fotos mentras nos lía diferentes textos que nos incitaban a ver , como por primeira vez, os obxectos máis cotiáns das nosas vidas e descubrir o que neles hai de marabilloso.

A fotografía que vedes pertence ao vídeo 310 room de case 20 minutos de duración; son homes de barro fronte a televisión en branco; unha televisión que nos arrebata a imaxinación ata o punto de chegar a “tragarnos”. Curta moi traballada que destaca pola súa plástica e pola mensaxe que quere transmitir: a mestura entre a realidade e a ficción no mundo en que vivimos.

Aquí tedes outra mostra do seu traballo *:

Imaxinade, mudade a mirada …

*Se non dá cargado o vídeo dalle a “recargar páxina” no teu navegador.

Advertisements

Unha resposta a ““IMAXÍNATE”, a proposta de Jorge García-Valenciano

  1. Hola, estou facendo un traballo sobre vostede e, gustaríame que me deras máis información. Por correo, claro.
    Alicia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s