CLASE DE CINE

No IES Porto do Son levan anos traballando co vídeo como instrumento didáctico e hoxe, David Pérez Iglesias, veu ao Campo de San Alberto para darnos unha clase de cine.

O alumnado estaba entusiasmado, pois é unha actividade que lles chama moito a atención e despois da charla de David xa estaban pedindo un grupo de traballo semellante no noso centro.

David explicou cal é o traballo que realizan e informou sobre as páxinas web onde se pode atopar tanto o que eles realizan como as ferramentas necesarias para levalo a cabo.

Dende o Equipo de Normalización felicitámosvos, compañeiros, polo voso traballo e agardamos tervos outra vez connosco pronto.

Recordade que tedes dous enlaces permanentes coas súas canles SonCine e Vinte10 na barra lateral deste blog!!!

Unha das obras de SonCine-Vinte10: MAR

Advertisements

Unha resposta a “CLASE DE CINE

  1. A verdade é que dá gusto ver os rapaces e a David coas cámaras e demais trebellos cargados ao lombo polo instituto adiante. Agora xa andan metidos na rodaxe da nova curtametraxe con moita ilusión e moito traballo nas vindeiras semanas.

    Saúdos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s