“Escribir non é berrar, é susurrar, é un diálogo de un a un, un espazo baleiro que se enche entre dous”

Domingo Villar Domingo Villar encheu o espazo baleiro entre el e o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato o pasado xoves 20 de Xaneiro cunha charla distendida na que o autor puido compartir connosco as circunstancias e vivencias que o levaron ata o oficio de escribir xa dende a súa nenez, “cando se fan redaccións e contos … e case por razóns de evolución darwinista acabas escribindo novelas”.

Sempre soubo que quería contar historias pero non era moi falador e axiña se decatou de que escribir ten máis que ver con ter os ollos e as orellas abertas máis do que a boca.

Falounos da súa produtora audiovisual en Madrid na que escribía guións de todo tipo e que levou por diante os seus aforros de toda a vida así como os seus soños e ilusións. Tivo que partir de cero e decidiu que quería controlar todo do resultado final do que creaba, por iso se decidiu a escribir narrativa.

A novela negra pareceulle a mellor fórmula para manter a intriga do lector ata o final – que é o que todo escritor busca – e agora considera que ten o que para el é o mellor oficio do mundo, que segundo el consiste en construír un xigantesco puzzle de 40.000 pezas que logo terá que montar o lector.

Domingo Villar naceu en Vigo en 1971 e na súa obra literaria destacan dúas novelas de grande éxito galardoadas con varios premios e traducidas a diversos idiomas: Ollos de auga, de 2006, e A praia dos afogados, de 2009.

praia_Panxón

Imaxe modificada de wikimedia.commons: Panxón, Nigrán. Galiza.

Advertisements

Unha resposta a ““Escribir non é berrar, é susurrar, é un diálogo de un a un, un espazo baleiro que se enche entre dous”

  1. Que bonita frase, e que razón ten. Cantas veces a lectura enche ocos cheos de soedade e tamén cantas veces nos descubre camiños que nos levan a sitios onde poder soñar sen preocuparse.
    Axudando a descubrir o pracer da lectura estamos “equipando” aos nosos alumnos e alumnas para transitar polos moitos e variados camiños que terán que transitar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s