Arquivos mensuais: Abril 2011

JORGE MIRA no IES Campo de San Alberto

Jorge MIRA2_crop_51x68

Conversando cun alumno ao final da charla

O día 26 de Abril estivo connosco o catedrático de física Jorge Mira, bastante coñecido pola súa colaboración en medios de comunicación.
Comezou a conferencia cunha breve explicación sobre a evolución da sexualidade humana. A continuación expúxonos unha polémica reivindicación sobre a estrita lectura da Biblia que publicara anos atrás a través dunha demostración científica. Finalmente pechou a conferencia coa reseña dunha serie de curiosos premiados por descubrimentos científicos.
Ao acto asistiu o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e o de 4º da ESO.

José Manuel Busto 2ºA Bach.

Tíralle da Lingua

Por terceiro ano consecutivo o noso alumno de 3º da ESO, Uxío, participou no concurso de relato oral  “Tíralle de Lingua”. Tampouco recibiu ningún premio este ano pero o importante é participar e acudir ao Teatro Principal de Santiago para ver como o resto dos compañeiros interpretan os seus monólogos. Uxío preparou este ano un texto de Luís Piedrahita titulado na súa versión ” Servilletas de Papel”.

Se cadra, Uxío, para o ano habería que ir preparando un texto orixinal, non si?

XOSÉ MANUEL PEREIRO FÁLANOS DE LOIS

O irmán do autor a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas,Xosé Manuel Pereiro, tivo a deferencia de escoller o noso centro como un dos poucos aos que se achegou na súa apretada axenda durante este mes.

Como el mesmo di, nestes días íspese diante dun público curioso da figura do seu irmán, cuxa vida foi repasando dende a infancia, parándose a mostrar os seus primeiros poemas escritos con 15 anos e as fotografías que ilustraban os seus recordos comúns. Eran poemas adicados á persoa da que estivo namorado toda a súa vida, e xa dende aquela expresara a súa intención de escribir en galego como Manuel Antonio. O destino fixo que tamén morrera novo coma el.

Da época da xuventude destacou a capacidade de observaciónde Lois  e o seu interese por viaxar aos países de onde eran orixinarios os seus escritores preferidos, e á pregunta dunha alumna sobre como definiría ao seu irmán cunha palabra contestou  dandi aínda que tamén encaixaría con el ironía.

Finalmente léronse poemas e visionáronse traballos multimedia relacionados co autor.

Moitísimas grazas, Xosé Manuel, unha vez máis, por achegarte a Noia, coñecedores como somos da axenda maratoniana que levas con humor.

Xosé Manuel Pereiro, Monforte de Lemos,1956

Licenciouse en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Na capital de España fundou xunto a Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Lois Pereiro a revista Loia.

Foi redactor ou colaborador de diferentes medios escritos e radiofónicos (Faro de Vigo, La Voz de Galicia, La Opinión da Coruña, El País, Ondas Galicia, Radio Nacional), así como director e guionista de programas de televisón en TVG e TVE, así como no portal Bravu.net.

Actualmente é o decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Información sacada da Wikipedia.

O seu twitter: http://sihomesi.com/

Charla da Asociación de Interese Solidario ” O Peto”

 

Ricardo Paz, membro de AISO “ O PETO “ (Asociación por un Interese Solidario) http://www.opeto.org/
veu a falarnos de banca ética. Para falarnos iso, houbo de falar do sistema financeiro, da banca en xeral e do seu funcionamento así como do sistema económico no seu conxunto, das súas eivas e da súa relación coa política.

 Contounos:

  • Cousas que sabemos, por exemplo sobre o diñeiro como mercancía: máis do 80% dos movementos de diñeiro son puramente iso hoxe en día, movementos de diñeiro sen que haxa ningún intercambio de produtos!.

  • Cousas que supoñemos, por exemplo que sempre aparece a insaciable Nestlé e as súas prácticas especialmente agresivas e depredadoras

  • Outras das que non tiñamos noción, como as presións de Siemens para impedir a aprobacion de leis que non lle resultan favorables, como exemplo do sometemento da política aos grandes poderes económicos.

 Nunha amenísima charla Ricardo foi desenvolvendo o guión da súa exposición salpicada de frases, anécdotas e citas (“cando non se vive como se pensa remátase por pensar como se vive”), ata explicarnos en que consiste a banca ética, a súa orixe e o porqué da súa necesidade. El e as persoas de AISO “ O PETO “ coa súa acción e co seu pensamento fálannos desa obriga moral, que deberiamos sentir todos e todas, de vivir con maiúsculas tentando de facer deste outro mundo, ese outro mundo posible que o é, se queremos.

Julia Novales, profesora Ciclo Administración e Finanzas

As ilustracións para os contos de medo

Estas son algunhas das ilustracións realizadas polo alumnado de plástica de 3º de ESO para a edición do caderno cos relatos presentados ao concurso de contos de medo.

man_ana man_luisa man_paqui
medalla-belen medalla-yara nite-pechada_fatima
noite-pechada_patricia noite-pechada_veronica pesadelo-fonte_eloy
pesadelo-fonte_fran pesadelo-fonte_rai pobo-fantasma_adrian
pobo-fantasma_catuxa pobo-fantasma_elisa xardin-caseron_anxo
xardin-caseron_noela xardin-caseron_xabi

… e aínda hai máis.

Haberá que agardar pola impresión do caderno!

Preme nas miniaturas para ver os debuxos no seu tamaño orixinal

MES CULTURAL “DO LIBRO ÁS LETRAS 2011”

Comeza o Mes Cultural no IES Campo de San Alberto, organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua e o Equipo da Biblioteca, coa colaboración do profesorado na proposta de actividades así como da Vicedirección.

Este ano hai un complemento ás charlas e talleres, trátase de concursos e mostras de haikus, greguerías, videopoemas e microrrelatos ao tempo que se realizará unha exposición de libros antigos cos exemplares aportados por alumnado e profesorado do centro.

mes-cultural_2011.png

Descarga o apaixonante programa de actividades: Programa Mes Cultural 2011 (PDF)

De todo isto daremos conta no blogue a partires de mañá, 26 de Abril e ata o 20 de Maio.

Receitas de cociña

É un traballo da aula de Lingua de 3º de ESO. Poñemos aquí algunhas das máis gorentosas.
Preme na liña ao pé do artigo para ver as receitas.
Animádevos a probalas!

arroz_con_bogavante_270

Arroz con bogavante

manteigada_270

Manteigada

Estufado_de_luras_270

Estufado de luras picantes

tarta_de_chocolate

Tarta de chocolate

Preme aquí para ver as receitas