Receitas de cociña

É un traballo da aula de Lingua de 3º de ESO. Poñemos aquí algunhas das máis gorentosas.
Preme na liña ao pé do artigo para ver as receitas.
Animádevos a probalas!

arroz_con_bogavante_270

Arroz con bogavante

manteigada_270

Manteigada

Estufado_de_luras_270

Estufado de luras picantes

tarta_de_chocolate

Tarta de chocolate

Arroz con bogavante


arroz_con_bogavante_270Ingredientes para dúas persoas:
1 bogavante de 1 kg (aprox).
1 cebola pequena.
1 dente de allo.
1 latiña de chícharos.
1⁄4 de pemento vermello e outro verde.
3 cuncas de caldo de peixe.
Unha cunca e media de arroz.
Un chorro de whisky.
Azafrán.
Aceite de oliva.
Sal.

Preparación:
Nunha cazola bótaselle un chorro de aceite e a fogo medio, dourase a cebola e o allo todo picado. Logo engádese o tomate e os pementos tamén, todo picado.
Deixamos que se sofrita en conxunto.
Mentres tórase o bogavante (pártese a metade ao longo e logo tóranse ambas partes) e refóganse nunha tixola cun pouco de aceite. Unha vez dourado agrégase o whisky e préndese lume. Agora é o momento de engadirlle o caldo quente, o azafrán e os chícharos escorridos. Cando ferva engádeselle o arroz.
Esperamos a que volva a ferver e métese no forno previamente quentado a 180 ºC uns 20 minutos.

Xabier, 3º ESO.
Fonte de información: Internet.

Estufado de luras picantes

Estufado_de_luras_270

Para: 4 persoas
Dificultade: media-baixa
Tempo: 40 min aprox.

INGREDIENTES
400g de luras
80g de pemento vermello
80g de pemento verde
100g de tomate moído
400g de patacas
100g de chícharos
2 dentes de allo
1 chile
Viño branco
Sal
1 folla de loureiro

ELABORACIÓN
Cortamos a cebola e o pemento en “bruinose”, xunto co allo e o chile en rodas, poñemos todo a refogar cun pouco de aceite a lume suave. Pelamos as patacas e cortámolas en dados. Engadimos as luras e quentámolas a lume forte. Refogamos durante 5 minutos. Incorporamos o loureiro e o tomate moído e deixamos cocer uns minutos. Botamos as patacas e o viño reducimos e cubrimos con auga. Cocemos uns 12 minutos sen deixar de remover e rectificamos de sal.

PRESENTACIÓN
Servimos en prato sopeiro. Colocamos as verduras refogadas xunto cas patacas e as luras.

Bryan, 3º ESO.

Manteigada

manteigada_270

Ingredientes:
6 ovos , ¼ kg de manteiga de vaca, 350 g de azucre e ¼ kg de fariña.

Elaboración:
Bátese a manteiga ata desfacela, engádeselle o azucre e séguese batendo.

Despois engádeselle os ovos batidos de dous en dous mantendo a masa sempre co mesmo movemento e agrégaselle a fariña. Por último métese ao forno durante unha hora aproximadamente.

Raimundo, 3º ESO.
FONTE: A miña avoa.

Tarta de chocolate

tarta_de_chocolate

Ingredientes
Recheio:
– 500 g de doce de leite.
– 100 g de chocolate em pó.
– 1 caixinha de creme de leite (200g)
Massa:
– 1 pacote de biscoito tipo maisena triturado (200 g).
– 40 g de chocolate em pó.
– 150 g de manteiga sem sal.
Cobertura:
– 250 ml de creme de leite fresco batido em ponto de Chantilly.
– Raspas de chocolate meio amargo.

Modo de Preparo
Recheio:
1º – Numa tigela coloque 500 g de doce de leite, 100 g de chocolate em pó, 1 caixinha de
creme de leite e misture bem com ajuda de um batedor de arame até ficar um creme liso e
homogéneo. Leve à geladeira. Reserve.
Massa:
2º – Coloque numa outra tigela 1 pacote de biscoito tipo maisena triturado, 40 g de
chocolate em pó e 150 g de manteiga sem sal e misture com as pontas dos dedos até formar
uma massa homogênea. Reserve.
Montagem:
3º – Numa forma de fundo falso,forre o fundo e as laterais com a massa de chocolate.
Sobre a massa coloque o recheio de chocolate (reservado acima). Cubra com 250 ml de
creme de leite fresco batido em ponto de chantilly e raspas de chocolate. Leve para a
geladeira por 2 horas. Desenforme sirva em seguida.

Aurora, 3º ESO.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s