Colaboración do Equipo con Barbantia

Colaboración coa Asociación Cultural Barbantia:

Dende a Asociación Cultural Barbantia puxéronse en contacto co noso centro para convidar ao alumnado a colaborar no suplemento cultural A Voz de Barbantia, que se distribúe nas páxinas do xornal La Voz de Galicia, edición do Barbanza, o último venres de cada mes dentro da nova sección “En obras”. Aceptamos e o 29 de Abril publicouse o conto “ Os nomes dos meus amigos”, de Miriam López de 1º C de Bacharelato. Noraboa, Miriam!

Vin os nomes dos meus amigos …

Todo estaba moi escuro, escoitábase ata a respiración de Claudia…
Todo empezara hai tres días.

Somos un grupo de tres rapazas e dous rapaces; meus amigos chámanse: Claudia (a miña mellor amiga), Ana, Diego, Alex e mais eu, Vitoria. Todos somos de 4º da E.S.O.

Un día escoitamos a uns de bacharelato falar dun bosque no que ocorreran varios suicidios ou algo así. Contaban unha historia que non nos gustou nada e para demostrar que iso non era verdade, Diego, quen sempre fai as cousas sen pensar, díxolles que nós os cinco iriamos ese mesmo sábado para que viran que non pasaba nada. Nós, que non somos moi valentes, botámoslle un berro a Diego pero axiña nos convenceu.

Eu estaba preparando a maleta o venres pola tarde cando de súpeto soou o teléfono e asusteime un pouco debido a todo o que iamos pasar esa noite porque seguro que os rapaces nos farían bromas de pantasmas ou algo así.

Claudia, que era a que me chamou por teléfono, díxome que mirou por internet as historias do bosque e que comprobou que eran certas e eu pregunteille que se de verdade cría iso… coñecíamos ese bosque dende que tiñamos uso de razón.

Chegou o momento! Estabamos na entrada do bosque. Claudia botou correr pero Alex colleuna xusto a tempo. Ana tardaba un pouco pero ao final chegou. Entramos e despedímonos dos de segundo de bacharelato , quen nos acompañaran para asegurarse de que non romperamos a aposta.

Encontramos un sitio moi xeitoso no que acampar co lago ó noso carón e todas esas cousas que o fai romántico. Xa estaba anoitecendo e os rapaces acenderon a fogueira.

Cando xa era de noite, estabamos os cinco contando historias de medo á luz da lúa e, como non, da fogueira. Non sei por que, pero sempre que estamos nunha situación que nos dá medo os rapaces empezan a poñernos máis nerviosas aínda, con historias de medo e esas cousas.

Eran as doce en punto da noite e eu dixen de ir durmir, xa que tiña un pouco de sono pero nós xa sabiamos que Diego e Alex levarían bebidas. Comezaron a facer apostas sobre quen bebería máis. Por suposto embebedáronse, e xusto no momento no que eu me sobresaltei por un ruído, deu a unha e vinte.

A verdade é que non sei que tipo de ruído foi pero soou coma se unha voz me chamara. Claudia dicíame que me tranquilizara, que seguramente serían os rapaces facendo burla, pero eu díxenlle:

«¡Os rapaces están aí!»

Ana tamén o escoitou ,e quería marchar. Nós as dúas fomos detrás dela porque Diego e Alex non estaban en condicións de nada. Cando a tranquilizamos, escoitamos aos rapaces dicir cousas sen sentido como:

– Ei! Guapa que fas aí? Ven aquí connosco…

Nós estrañámonos e por suposto fomos correndo onda eles. Cando chegamos, as tres quedamos paralizadas por un intre.

Era unha pantasma … sei que as pantasmas non existen , pero era tan real!

Era unha rapaza, parecía que tivera un accidente, estaba totalmente ensanguentada e levaba unha camiseta e uns pantalóns vaqueiros. A nós dixérannos que as pantasmas levaban unha túnica branca ou algo parecido, pero esa rapaza parecía atemorizada e era tan normal coma nós.

De súpeto démonos a volta e vimos ó rapaz. Empezamos a correr coma tres tolas. Eu cánsome enseguida xa que teño unha enfermidade respiratoria e Claudia axudoume e paramos un pouco. Todo estaba moi escuro, escoitábase ata a respiración de Claudia …

Cando me tranquilicei un pouco démonos conta de que Ana se marchara e nós tiñamos que marchar de alí. Cando saímos dese bosque encontramos un coche, Claudia parouno e díxolles que me tiñan que levar a un hospital.

Foi nese preciso momento cando eu me esvaecín. Non recordo nada ata que me espertei no bosque. Todo era estraño e saín correndo de alí.

Fun para a miña casa, pero antes de chegar alí hai un cemiterio. Pois ben, isto non sei como contalo … vin a miña nai e mailas nais dos meus amigos alí chorando e entón acerqueime. Preguntei por que choraban e parecía non oírme ninguén.

Cando me decatei e mirei as lápidas vin os nomes dos meus amigos e mailo meu.

Miriam López, 1º de bacharelato.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s