Obradoiro de comic impartido por Abraham Carreiro

 
O xoves 5 de maio tivemos un obradoiro de cómic con Abraham Carreiro. Debuxou en pouco tempo varias personaxes que ía creando co alumnado, unha cigoña viaxeira con zapatos de tacón, un sinchan ensinando o cuíño, un home espido e varios máis. Ensinounos a facelos tendo en conta as proporcións, comézase pola cabeza e o resto ten unha medida equivalente a sete cabezas, aínda que podemos variar esa proporción. Tamén xogamos coas expresións das caras, alegres, tristes, enfadadas …

Abraham Carreiro é un profesional da ilustración, di que o que máis lle gusta é a ilustración infantil e a político-social na prensa, mais tamén deseña logotipos, realiza debuxos de animación, cómics. Pasou por Belas Artes e Artes Gráficas, e aprendeu moito do seu pai Pepe Carreiro.

En breve contaremos con algunha das súas publicacións na Biblioteca do centro.

Inma Rodríguez, profesora de Grego e Plástica

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s