ROTEIRO ” A praia dos afogados”

O alumnado de 1º de Bach saíu o xoves 5 de Maio a Panxón para percorrer os escenarios de A praiados afogados.

Ao chegar alí xuntáronse con outros centros e subiron a Monteferro, un dos lugares onde acontecen os principais feitos da novela. Alí, o froiteiro do pobo explicoulles a toponimia e a talasonimia da zona e ensinoulles as illas onde se afundiu “ O xurelo “. Logo fixeron un pequeno roteiro camiñando para logo baixar á Praia da Madorra, que é propiamente a praia dos afogados,onde apareceu o morto queinvestigaron Estévez e Leo Caldas.

Subiron logo ao templo votivo e rematamos en Praia América, onde lles dixeron adeus aos seus compañeiros.

Continuando pola costa cara a Vigo viron o lugar onde se cometera o 1º asasinato da 1ª novela de Leo Caldas, en Toralla, e buscamos na ría por se aparecía algún cadáver máis, pois cerca de Domaio sabemos que acontecerán os feitos da seguinte novela de Domingo Villar, segundo nos dixo cando estivo no noso instituto.

Gerardo Rodríguez, profesor de Ciclo de Electrónica.


Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s