Lembrando a Gloria García Martínez


Manifesto

Sempre escoitamos falar nas noticias de sucesos coma este pero nunca nos sentimos tan cerca deles; é agora cando mellor comprendemos o que se sente.

Pensando na gran cantidade de noticias sobre as mulleres que son vítimas da violencia de xénero no noso país, dámonos conta de que o sentimos todo moi lonxe, tanto, que chega a parecernos irreal en moitos casos. Pero unha vez que vives isto tan de cerca, dáste conta de que esas situacións se producen realmente, e que non son exclusivas de certa clase de persoas, senón que afectan a todos por igual.

Pensamos que é necesario un cambio urxente na mentalidade das persoas, porque aínda que legalmente case que se pode falar de igualdade entre persoas de diferente sexo, na realidade, os tópicos seguen gravados na mentalidade da maioría das persoas, incluso inconscientemente. Debemos cambiar nós antes que intentar cambiar a toda a sociedade. Empezar por nós mesmos e conseguir que o mundo enteiro se despoxe dos tópicos que impiden o cambio para construír entre todos/as unha sociedade igualitaria, real e que facilite o desenvolvemento de relacións solidarias entre homes e mulleres.

Gloria foi alumna do IES “Campo de San Alberto”. Moitos de nós non a coñeciamos pero compartimos con ela o noso instituto, a nosa vila… Aínda que non poidamos dicir moito, si queremos transmitir a tristura que sentimos polo que aconteceu e o noso apoio á familia e aos máis achegados a ela.

Non temos palabras para describir o que sentimos, estamos abraiados co suceso. Só podemos dicir que sentimos moito o que pasou o venres e queremos darlle o noso pésame e todo o noso apoio á familia de Gloria e aos seus achegados, en especial a Adrián , o noso compañeiro. Sabemos que agora necesitas do noso apoio xa que imaxinámonos que estás pasando polo peor momento da túa vida. En nome de todos os alumnos/as, profesores/as e o resto da Comunidade Educativa deste centro dámosche o noso máis sentido pésame e dicímosche que podes contar con nós se o precisas.

19/05/2011

IES “Campo de San Alberto” 4º ESO

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s