OS MELLORES MICRORRELATOS

A nena choraba, a nai non viña. A nai choraba, a nena non viña. O pai esperaba no cemiterio.

Xabi, 3ºESO.

TEMPO

Tocáronnos vivir 365 días ao ano, 29, 30, 31.. días ao mes, 7 días á semana, 24 horas ao día… Para que? Para queixarnos! Que se as horas non pasan, que se os días tampouco… pois xa non vos digo os meses! E os anos! Aínda así, cando te dás de conta do tempo e pensas, e pensas, e pensas, e pensas… – EEEEEEEEEEEEEEEEEEE! Tampouco vaias quedar a durmir! Pois iso, cada ano faise máis curto có outro, e máis, e máis.. e así sucesivamente… Abre os ollos, mira ao teu redor e lembra: O tempo é ouro, o máis valioso do mundo, que cando te decatas xa é hora de que se che acabe o tempo…

Catuxa, 3ºESO.

ESCURIDADE

Todo estaba escuro, tiña medo, notaba a desesperación nas miñas trémulas mans, buscaba unha saída, un sinal, un signo de vida e… de súpeto, logrei acender a luz do meu cuarto.

Alba, 3ºESO.

MAÑÁ

Non son o mesmo, síntome mal, fáltame algo, xa non me gusta saír, non quero saír da casa, estou triste, as sabas están molladas polo escorrer das miñas bágoas pola cara, por que? Nin sequera podo quedar durmido.
Rimm rimm rimm…
-Si
-Teño que dicirche algo.
-Son as cinco da mañá. Que pasa?
-É un pouco duro.
-Non me sinto ben, non me des unha mala noticia.
-… morreu … PUN!!
-Eii! que pasa? estás… estas aí? (berrando)

Fran, 3ºESO.

QUEIXÁMONOS DE VICIO!

Ishmael Beah é un neno mozambicano de 5 anos. Soña con ser futbolista e xogar en Europa, pero o que non sabe é que dentro de dous anos matarán a súa familia e entre as súas pequenas e fráxiles mans se moverá un M-16. Converterase nun neno soldado.

Raimundo, 3ºESO.

ALERXIA

Sempre lle fago mal á xente, pero non é porque queira, creme! Sempre que vou dar unha volta a xente mira para min e poñen unha cara como se fose un abafado, e se sen querer lles rozo, aí si que se monta unha! Son capaces de perseguirme con tal de botarme fóra do seu espazo vital! A xente desprézame, sempre que estou pousado nalgún lado veñen e danme con paus para que me vaia… Isto non é vida! O peor de todo é que parece que lles fago mal de verdade ás persoas… Parece que me teñen alerxia! Non sei se é unha impresión miña ou se realmente cando paso cerca dalgunha desta xente esbirra. É unha cousa que me quita o sono polas noites, xúrocho! Ás veces desexaría non ser unha pelusa.

Fátima, 3ºESO.

Máis cerca! Quérote máis pretiño de min, ven, non te vaias! Se te vas todo será moito máis difícil para min. Non sei que farei cando te vaias… Vou ter que ser eu quen faga a miña cama, quen arranxe o meu cuarto, quen se vai ter que preocupar dos seus propios asuntos, quen vai ter que pensar no futuro e quen non vai poder vivir despreocupada nunca máis. Se te vas, onde van quedar os xogos? E a facilidade? Non cho sei, pero non quero que te vaias, querida infancia.

Fátima, 3ºESO

A RÚA “MORTE”, Nº9

Hoxe sei que vou morrer. O que fixen non ten perdón e todo se paga. Todos mo advertiron, intentaron que non pasase, pero nin eu imaxinara que sairía todo tan mal. Aínda non sei como o vou confesar, porque ocultar teño claro que non o vou ocultar. Gustaríame que se alguén le isto que se despida por min. Amigas, botareivos moito de menos pero aprenderei a lección e conto con vervos axiña e volver a saír con vós outra vez. Vida, tamén che debo un “ata outra”, non nos volveremos ver ata que pase unha boa tempada e a miña actitude mellore e confío en que así sexa. O momento chegou:

-Mamá, xa me deron as notas.

Noela, 3ºESO.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s