Pelos na lingua

Pelos na lingua é unha sátira á sociedade, e ao seu papel fronte á nosa lingua, levada a cabo mediante pequenos sketchs cargados de finas doses de ironía.
Os tres protagonistas retratan estereotipos relacionados co galego, como o de que unha rapaza guapa non pode falar galego e, moito menos, bailar música de Lady Gaga!
Cada mensaxe é exposta a través dunha situación cómica e nada parece escapar ao ollo crítico destes magníficos actores.
Estamos, en definitiva, diante dunha obra comprometida coa nosa lingua, pero que non esquece en ningún momento o fin último do teatro: o público. É pois, unha obra coa que non pararemos de rir dende o principio ao fin e moi recomendable para todos os públicos. Tedes que vela!!!!

Alumnado de 2º de bacharelato agardando pola representación.
Salón Teatro, Santiago, 2 de febreiro de 2012.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s