Envelenar un país enteiro (con flufenoxurón)

  1. A patronal española do papel (ASPAPEL) pretende realizar coa colaboración da Xunta de Galicia e outras entidades unha fumigación masiva das plantacións de eucaliptos galegas afectadas por un insecto, o Gonipterus scutellatus.
  2. A fumigación vaise realizar cun insecticida chamado comercialmente Cascade, cuxo principio activo é unha substancia denominada flufenoxurón.
  3. Esa sustancia foi catalogada como daniña pola Unión Europea e prohibiu a súa venda a partir do 1 de agosto deste ano (2012).
  4. Un dos seus peores efectos é que é altamente tóxica para as larvas das abellas, como o propio fabricante recoñece na etiquetaxe do produto.
  5. Se se fumiga masivamente este produto nos montes galegos, existe un gran perigo de exterminio das poboacións de abellas, xa moi reducidas polo continuo uso de pesticidas, segundo apuntan os estudos científicos.
  6. Se morren as abellas en Galicia, aparte doutros efectos nocivos no ecosistema, non se polinizarán a maior parte das plantas das que nos alimentamos os humanos e os animais que criamos para nos alimentarmos.
  7. Sen polinización, non hai reprodución destas plantas, e a nosa agricultura colapsará.

Resumo segundo a «Plataforma contra as fumigacións»


Plataforma contra as fumigacións

Extracto da denuncia presentada ante a Fiscalía de Medio Ambiente

Advertisements

2 respostas a “Envelenar un país enteiro (con flufenoxurón)

  1. En canto a esta nefasta noticia, para quen estea dacordo, pode actuar e asina: http://actuable.es/peticiones/salvemos-abejas-galicia-salvemos-nuestro-futuro
    Mágoa que non publicaran versión en galego da petición, é o maior erro.
    Saúdos!

  2. Ups!
    Non entrara na ligazón da “Plataforma contra as fumigacións”. Desculpa pola repetición de info.
    De todos os xeitos, que sirva de recordatorio o comentario.
    Saúdos!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s