Contos en escena con Quico Cadaval

O luns día 30 de abril o alumnado do IES Campo San Alberto tivo a oportunidade de escoitar e sobre todo disfrutar coas narracións contadas por Quico Cadaval. O actor, director, guionista fixo rir a un público de entre dezaseis e sesenta e moitos anos ao contar a súa visión, versión, interpretación de contos clásicos como A carapuchiña vermella, Branca de neve e os sete ananos ou Hansel e Gretel e tamén conseguiu, cunha historia de aparecidos, que os ouvintes tremesen, mais non de medo senón de risos. Na súa boca personaxes como a avoa, o lobo, os ananos, o pais dos rapaces abandonados no bosque transformáronse e pasaron a formar parte dunha outra historia, intelixente, crítica, satírica e contada como só o Cadaval sabe facer.

QCadaval_300

Texto: Rosa Conde, profesora de Lingua Galega e Literatura.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s