Arquivo da categoría: Concursos no centro

Selección de relatos premiados

Un ano máis o EDLG saca á luz este caderniño cunha selección dos contos destacados ou premiados en concursos organizados no centro, como é o caso dos contos de medo e de amor, ou certames de fóra promocionados no centro como é o caso dos contos de ciencia. Agardamos que vos gusten!

Descarga do caderno en PDF
I (4,1 MB)
II (2,2 MB)

I Concurso de fotografía «do libro ás letras»

Este concurso pretende ampliar a participación da comunidade escolar do centro no proxecto de arquivo fotográfico do patrimonio arquitectónico de Noia e concellos limítrofes realizado polo EDNLG e que se publica anualmente en forma de calendario.

O tema desta primeira edición son os hórreos da zona (concellos de Lousame, Outes, Porto do Son e Noia) e está aberto a toda a comunidade escolar (alumnado, persoal non docente e profesores).

Concurso_foto_horreo_500

Bases do concurso (PDF)

XVIII Certame Literario «Alberto Romasanta»




BASES

  1. Poderá participar o alumnado matriculado no presente curso académico en calquera dos dous centros.
  2. O certame, nas modalidades de RELATO e de POESÍA, terá tres niveis:
    • Nivel 1: 1º ciclo da ESO
    • Nivel 2: 2º ciclo da ESO
    • Nivel 3: Bacharelato e Ciclos Formativos
  3. Os traballos serán orixinais, escritos en galego, de tema e extensión libres.
  4. Presentaranse o orixinal e tres copias dentro dun sobre pechado no que tan só irá escrito o lema ou pseudónimo, o nivel de participación e a modalidade (relato ou poesía). Dentro del irá outro sobre no que se incluirán os datos do autor/a: pseudónimo, nome, apelidos, curso e centro.
  5. Os traballos (orixinal e copias) deberán presentarse na Secretaría de calquera dos centros antes das 12 horas do día 11 de maio.
  6. A entrega de premios realizarase o 21 de maio nun acto que se celebrará no IES Campo de San Alberto.
  7. Establécense os seguintes premios:
    • Un primeiro premio (60 euros) e un segundo premio (30 euros) para cada nivel e modalidade.
  8. O xurado, que poderá deixar deserto algún dos premios, será nomeado polos EDLG e o seu fallo será inapelable.

Noia, abril de 2012.

Deseño do cartel por Isa, Rai, Saul e Xabi, de 4º de ESO A; cun pequeno retoque final por Carlinhos.

Conto de amor: Para alguén …

Para alguén nalgunha parte:

Que pensei? Pensei que todo fora culpa de alguén. Intentei botarme a quen encontrei por diante. Tiña que ser culpa de alguén, non entendía por que te foras … Queríate tanto!

Sei que nunca me deixarás soa, podía velo cando me mirabas, sei que me querías máis que ninguén. Nunca me mentiches, en cambio mentiches por min, ben o sei.

Non tiña que pedirche nada, simplemente facíalo.

Nunca me fallaches, e espero que eu a ti tampouco.

A verdade quíxenche como a ninguén.

Que sentín? Sentín que morría eu tamén.

Notei un baleiro no estómago e algo punzante no peito; dor, creo que o chaman. Non o podo describir.

Tiña a imaxe dos teus ollos cheos de esperanza, de ledicia, cando che ía ver. Pero tamén a de tristeza, inquedanza e resignación cando me fun por última vez. Sei que ti xa o sabías, sei que notaches, coma min, que ía ser a derradeira vez que coidabas de min.

Nunca che perdoarei que te foras.

Despois do que pasou xa non te quixen ver, ou máis ben, xa non puiden.

Só espero que agora esteas ben alí onde te atopes, que non sufras máis, pois non o mereces, e que saibas que penso en ti cada día, dándolle un bico á túa foto e levándote as flores brancas que tanto che gustaban.

Querereiche sempre máis que a ninguén. Sei que o sabes.

Ata pronto.

Helena Calo Ons, 1º de Bacharelato.

Conto de amor

Este relato está repartido en catro páxinas. Preme nos números de páxina de embaixo para continuar coa lectura.

Un tropezo casual

Non podo crer que esa tivera a caradura de suspenderme, e todo, porque lle caio mal.
Elisa camiña pola rúa sen fixarse por onde vai. Está demasiado enfadada como para iso. Non entende o seu suspenso en física, estudara moito e fixera un gran esforzo para conseguir aprobalo. Polo que ó final acaba chocando cunha persoa e todos os seus apuntamentos acaban no chan.
– Perdón!
– Nin perdón nin merda! Pero non ves por onde vas? – berra Elisa.
– Eh!? Non é por nada pero a que non se ia fixando por onde ia eras ti.
– Si, pero os apuntamentos que están no chan son os meus. – protesta Elisa.
– A ver que che axudo…
– Esquécete! Valos recoller ti só, se non, non chocaras comigo.
– Está ben, xa chos recollo eu, non te preocupes.
Foi entón cando Elisa se fixou na persoa coa que chocara. Era un rapaz de pelo castaño, algo mais alto que ela e con bo corpo. Tería os seus anos ou quizais un máis como moito.
– Toma – dille o rapaz cando remata de recoller os apuntamentos.
– Grazas.
Agora pode velo mellor, e si, ten moi bo tipo, un bonito sorriso e uns precioso ollos castaños claros. Quizais non debeu ser tan groseira con él.
– Perdoa polo de antes, non era a miña intención comportarme así. – descúlpase Elisa.
– Non te preocupes, estás perdoada. Por certo, eu chámome Xoán. E ti?
– Oh, encantada Xoán eu son Elisa. E normalmente son máis civilizada.
– Entón, que che pasou para comportarte deste xeito comigo?
– Uff, é que… é moi longo de contar.
– Se queres invítoche a tomar algo e cóntasmo. Si non tes nada que facer, claro.
A verdade é que non lle cadra nada ben. Pero rexeitar unha cousa así … Que fai? A Laura non lle sentaría nada ben que a deixara plantada. Xa o ten.
– Xoán, o certo é que xa quedei hoxe cunha amiga. Pero si queres, intercambiámonos os números de teléfono, o tuenti ou o MSN, e quedamos outro día. – di Elisa, aínda que lle dá a impresión de que a Xoán non lle sentou moi ben esa resposta.
– Ah! Vale. Tes por aí, papel e lapis para apuntar?
– Si claro, toma.
Xoán colle o papel que lle dá Elisa e ponse a escribir nel algo. Ela non sabe o que é, pero dálle a impresión de que é máis do acordado anteriormente.
– Toma, aquí tes todo o necesario para atoparme cando queiras, e o que debes saber de min. Abur.
– Abur.

Chámome Xoán, teño 17 anos, mido 1’70m e nacín no verán. Teño dous irmáns pequenos, Lucas e Mario, e unha irmá maior, Clarisa. Gústame facer deporte, saír os sábados a noite, e os venres, sempre que podo. Vivo nunha aldea preto de aquí. Teño moto, é o meu maior tesouro polo momento, e non teño moza. O meu tuenti é Xoán González e o meu teléfono é …

Contos de amor: Lúa

Lua_500

Cavilando nos meus pensamentos, miro o ceo. A lúa non brilla como sempre. A lúa está triste. O ananiño da lúa intenta animala. Esta chora desconsoladamente. A súa alma xemelga, a súa metade, a súa estreliña favorita, non está.

Lucía Cruces Dosil, 1º de Bacharelato.

Concurso de contos de amor e letras de hip-hop

Está convocada a edición deste ano do concurso de contos de amor e de letras de hip-hop. Aquí vai o cartel que se repartiu hoxe polas aulas:

cartaz_amor-hiphop_2012