Crónicas da Terra

Crónicas da Terra
“O derradeiro episodio”

Un grupo de científicos reuníronse nun observatorio astronómico situado en Titán, o satélite máis grande de Saturno e o segundo satélite máis grande do Sistema Solar, para contemplar o fin da Terra , planeta que no pasado fora un paraíso cheo de vida, e neste momento era unha masa calcinada polos últimos séculos transcorridos durante o proceso de transformación do Sol nunha estrela xigante vermella.

Esta historia comezou fai millóns de anos, cando o Sol empezou a aumentar de tamaño segundo ía esgotando o hidróxeno que lle servía de combustible, xa por entón a humanidade buscaba desesperadamente planetas ou satélites que puideran ser válidos para un novo comezo neles, era unha carreira contra reloxo na que estaba en xogo a supervivencia da especie humana.

Durante o seu período de procura e exploración dos posibles lugares onde poderían instalarse as novas colonias, os científicos buscaban aqueles planetas nos que na súa superficie encontráranse probas da posible existencia de auga ou outros elementos que lles permitiran empezar a traballar sobre a hipótese de xerar unha atmosfera respirable e unhas condicións aptas para a vida humana.

Durante estes séculos de exploración as condicións do planeta foron deteriorándose rapidamente, en gran parte polo aumento das temperaturas que a expansión do sol provocara, isto fixo que a atmosfera da terra volverase inestable, a circulación dos ventos que durante milenios tiñan regulado a súa climatoloxía, réxime de chuvias e outras condicións necesarias para a vida, estaban totalmente alteradas, xerando desastres naturais de todo tipo por todo o planeta, o desxeo dos casquetes polares provocou un aumento do nivel do mar que cubriu máis dun terzo dos continentes antes coñecidos.

Un aumento da actividade sísmica, con terremotos e tsunamis de magnitude antes descoñecida asolou gran parte das cidades en todo o mundo.

A atmosfera terrestre que antes fora un gran filtro protector para a vida na terra, era incapaz de protexernos das nocivas radiacións solares.
Despois de moitas catástrofes e un estado case apocalíptico, os gobernos dos países superviventes, decidiron coordinar os seus esforzos para salvar o pouco que quedaba do planeta e a súa biodiversidade.

Creáronse bancos de sementes para intentar salvar o maior número de especies vexetais, bancos xenéticos para intentar salvagardar a maior diversidade posible nas poboacións animais e refuxios protexidos para intentar salvar as plantas e os animais, que despois serían imprescindibles para a nosa supervivencia en novas colonias no sistema solar.



Por aquel entón os investigadores elixiron Galicia e outras rexións da terra para crear as súas reservas de biodiversidade polas características especiais da súa climatoloxía, paisaxe e riqueza biolóxica preservada durante millóns de anos pola súa tradición labrega e forestal. O mellor da cultura tradicional e a investigación mais avanzada xuntáronse para asegurar o futuro das especies da Terra.

Ao mesmo tempo a carreira tecnolóxica intentaba romper as barreiras do espazo e o tempo que nos impedían viaxar a planetas demasiado lonxe da Terra e a súa exploración era inimaxinable por entón. As nosas únicas tentativas naquel momento eran enviar naves non tripuladas que recolleran datos sobre novos planetas e satélites , enviándoos á Terra meses despois.

As nosas primeiras colonias foron en Marte, onde os científicos enviaron robots para traballar a contra reloxo na construción de miles de invernadoiros capaces de albergar biosistemas que permitiran xerar unha atmosfera semellante á da Terra, plantas que xerasen osíxeno a partir do dióxido de carbono existente na atmosfera de Marte, bacterias capaces de recoller o nitróxeno do aire e convertelo en nitróxeno asimilable polas plantas e así fóronse introducindo todos os organismos necesarios para converter a atmosfera de Marte nunha atmosfera habitable polo ser humano.

Este proxecto foise trasladando a moitas outras colonias, como Caronte, Tritón e Titán segundo avanzaba a nosa tecnoloxía para poder chegar máis lonxe nas viaxes espaciais. Pero sabiamos que era unha solución incompleta, porque a maioría dos organismos capaces de xerar a atmosfera que necesitamos para sobrevivir, dependen en gran parte do Sol ou dunha estrela semellante para poder xerar as condiciones que permiten a vida tal e como a coñecemos.

O momento crítico que vamos a observar no cal o Sol converterase nunha estrela xigante vermella vaporizando a Terra como antes tiña feito con Mercurio e Venus, non é máis que o principio da morte do astro que nos deu a vida, posto que a partir dese momento ira perdendo brillo e calor ata converterse nunha anana branca e apagarse definitivamente.

Polo tanto a nosa carreira pola supervivencia e a procura dun novo fogar millóns de anos despois do nacemento da vida na Terra continúan e seguen dependendo da nosa capacidade para superar as barreiras do espazo e o tempo.

Quizais algún día encontraremos un planeta noutro sistema estelar que cumpra as condicións adecuadas para a vida durante outros poucos millóns de anos.

O universo permanece en constante evolución e ao mesmo tempo que o noso sistema solar destrúese pode estar nacendo outro sistema estelar con unhas condicións similares ás que no pasado permitiron a vida na Terra, ata entón teremos que ir afrontando cada novo reto para conseguir que a especie humana siga existindo no universo.


Nota do autor
:

Esta historia é ciencia ficción porque sabes a ciencia certa que antes de que o sol se converta nunha estrela xigante vermella, os núcleos das galaxias de Andrómeda e Vía Láctea colisionarán e os buratos negros que teñen nos seus núcleos xuntaranse e farán desaparecer case por completo a Vía Láctea. No caso de que o Sol seguira existindo por entón, a temperatura do Sol sería menor porque cando unha estrela crece vai perdendo luz e calor.

A o mesmo tempo cando dúas galaxias colisionan prodúcese o nacemento de moitas novas estrelas e sistemas planetarios ó redor delas.

Telmo, 1º ESO. Outubro 2011.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s