Está convocada a edición deste ano do concurso de contos de amor e de letras de hip-hop. Aquí vai o cartel que se repartiu hoxe polas aulas:
Calendario do EDLG – 2012
Categorías
Arquivo
Procura
Administración
Está convocada a edición deste ano do concurso de contos de amor e de letras de hip-hop. Aquí vai o cartel que se repartiu hoxe polas aulas:
Publicado en Actividades do EDLG, Concursos, Concursos no centro
Xa está repartido entre o persoal o calendario para este ano 2012.
Este ano o tema son as pontes antigas da comarca. Como ven sendo costume, con fotografías realizadas por integrantes do equipo.
Que sexa bo!
Publicado en Actividades do EDLG
Na última edición de concurso de relatos Ciencia que Conta foron seleccionados dous traballos realizados por alumnos deste centro:
Crónicas da Terra “O derradeiro episodio”, presentado por Darkfalcon.
Unha vida en ceros e uns, presentados por Kriogenia.
Ao final non acadaron premio, pero paga a pena ler estes relatos:
→ Ler Crónicas da Terra “O derradeiro episodio”, por Telmo, de 1º de ESO.
→ Ler Unha vida en ceros e uns, por Ricardo, de 1º de bacharelato.
Parabéns aos autores dos relatos seleccionados!
Publicado en Ciencia que conta, Concursos, Concursos de fóra, Literatura, Narrativa
O día 4 de Novembro de 2011 celebramos no noso Centro o día da Ciencia en Galego.
O evento consistiu na presentación dunha exposición “ENTRE MOLÉCULAS” enviada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), en colaboración co Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), dado que este ano 2011 tamén se celebra o Ano Internacional da Química, declarado pola ONU co lema “Química: a nosa vida, o noso futuro”.

A exposición estivo durante 15 días no hall do noso instituto, e, como trata temas que abarcan dende a historia da Química ata a actualidade, en relación co cambio climático, a saúde, ciencia de materiais, alimentación, enerxía,… pode servir de pretexto para continuar, durante o curso, afondando nalgún tema de interese particular.

Participou alumnado tanto de ESO como de Bacharelato, realizando, por grupos, diferentes preguntas que deberían contestar o resto dos compañeiros.
Loli Rodríguez, profesora de Física e Química.
Publicado en Varia
Un ano máis o EDLG colabora co Equipo da Biblioteca na celebración deste día contando coa preparación de textos en diferentes linguas. Este ano o alumnado de 1º de ESO preparou textos poéticos breves dunha selección de poetas galegos de todos os tempos sacados do libro “Poetízate”, de Fran Alonso. Tamén escenificaron un anaco do texto teatral de Cándido Pazó “Ra, ra, ra” e fixeron unha lectura dramática dun relato de ” Made in Galiza” de Sechu Sende. Tamén se deu lectura a diferentes fragmentos de textos en lingua española e en inglés.
Publicado en Actividades do EDLG, Biblioteca